Somos unha adega comprometida co desenvolvemento e melloras agrarias da nosa subzona, a máis privilexiada climaticamente da D.O. Rías Baixas.
Cunha contorna que encerra numerosos atractivos, a adega está situada nas proximidades dos Muíños do Folón e do Picón, declarados bens de interese cultural, polo que resulta unha visita enolóxica e cultural a ter en conta para os visitantes do Baixo Miño.
Dende a nosa adega ofrecemos visitas guiadas de luns a venres para grupos non moi extensos, de aproximadamente 12 persoas.
Pode reservar este tipo de servizos poñéndose en contacto con nós a través do noso teléfono ou do noso correo electrónico.
Camiño da Aldea 4. Eiras
36760 O Rosal